Os medios en galego reivindícanse

A Amega celebra este sábado o Día dos Medios en Galego cun roteiro lingüístico polo centro de Compostela.

Un momento do roteiro da lingua celebrado pola AMEGA para celebrar o Día dos Medios en Galego | Fonte: QPC

“Un día polo galego e os medios en galego”. Esta foi a reflexión de Manel Pardo, responsable do diario Lindeiros, que pechou a celebración do Día dos Medios en Galego. para reivindicar o papel necesario do xornalismo en galego, e fixo fincapé na necesidade de seguir loitando polo patrimonio inmaterial que supón a nosa lingua; pero que tamén temos que coidar a parte dos “medios”. “Nós xa falabamos das Tanxugueiras fai dous anos cando ningún outro medio dos grandes falaba”, sinalou revindicando o papel de “medios de verdade” dos máis de 140 que temos no país comunicando en galego.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here