IniciosociedadeInaugurado o novo parque infantil de Val de Lemos en Monforte

Inaugurado o novo parque infantil de Val de Lemos en Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e de Medio Ambiente, Miguel Tomé, inaugurou na tarde deste mércores o novo parque infantil que o Concello construíu no barrio Val de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación, que contou cun orzamento de 81.451 euros do concello de Monforte, enmárcase dentro do programa de dotación de novas infraestruturas urbanas que o Equipo de Goberno monfortino leva desenvolvendo dende o 2015, e que supón a construción deste novo parque nunha zona da cidade que carecía deste tipo de infraestruturas.

“Con esta actuación o Concello de Monforte” destaca o Alcalde, “segue a dotar de infraestruturas á cidade, e neste caso, construíndo un novo parque infantil, o do barrio Val de Lemos mediante a cal os veciños e veciñas desta zona, e en especial os nenos e nenas, disporán dun novo parque infantil no que poder xogar con seguridade e practicar un variado número de actividades de lecer.”

Novo Parque infantil Val de Lemos

O barrio Val de Lemos localízase no extremo sureste do núcleo urbano de Monforte de Lemos, xurdido no seu día da implantación no lugar dunha primeira urbanización de vivendas sociais de planta baixa, á que despois seguiu unha máis recente de bloques de pisos, constituíndo o conxunto o que se denomina como urbanización Val de Lemos.

 “A construción deste novo parque”, detallou o rexedor municipal, “supuxo a mellora dos accesos e os cerramentos do parque, coa construción dunha escaleira no seu extremo sureste, a instalación dunha valla perimetral en parte do seu perímetro e a colocación de pavimento de adoquíns para facilitar a mobilidade no seu interior. Construímos unha nova área de xogos infantís máis ampla, con xogos adaptados e inclusivos, e dotámolo dun pavimento e valla de seguridade. Finalmente, instalamos céspede artificial en todo o resto da súa superficie, ubicamos diversos bancos para propiciar o descanso dos usuarios, e dotámolo cunha nova área de aparatos de exercicio biosaudables”. A zona de actuación localizous na parte máis elevada do barrio do barrio Val de Lemos, ó oeste do bloques de vivendas e na marxe oposta a estes da rúa Vivendas Sociais Val de Lemos.

Esta zona contaba cunha superficie duns 650 m2, e presentaba unha forma practicamente rectangular. A construción do novo parque infantil proxectouse sobre unha superficie duns 660m2, na que se inclúen os seus accesos, a área de xogos infantís e o espazo de esparcemento restante.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...