IniciosociedadeO amor no rural e en tempos de pandemia

O amor no rural e en tempos de pandemia

Ás portas de San Valentín o amor protagoniza diversos estudos, por exemplo, sobre a utilización de aplicacións de citas no rural ou sobre como a pandemia afectou á vida íntima.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O desigual acceso a Internet nas zonas rurais leva á súa poboación a ir un paso por detrás nas principais tendencias de consumo da internet, pero para atopar o amor, incluso os máis veteranos xa recorren ás aplicacións de citas. O seu uso creceu un 198% entre os maiores de 60 anos durante a pandemia, segundo datos de Eurona a partir do informe ‘Como a España Baleirada ocupa o seu tempo na internet’ elaborado en colaboración coa consultora Kantar e publicados con motivo da festividade de San Valentín.

De acordo a un estudo elaborado a partir do tráfico e visitas xeradas ás principais webs e aplicacións de citas máis utilizadas, España sitúase no terceiro posto mundial en canto a usuarios deste tipo de apps, só por detrás de Estados Unidos e Brasil. Con todo, a fenda dixital tamén se deixa ver nas cuestións relativas ao amor. Segundo estes datos publicados por Eurona, aínda que o 8,5% da poboación rural utiliza as aplicacións de citas, aínda son un 31% menos proclives a facelo que no resto do país, onde xa as utilizan máis dun 12% dos seus habitantes.

Esta é só unha mostra máis das desigualdades que xorden en torno ao acceso a Internet de alta velocidade entre o mundo rural, onde, aínda que aumenta un 1,6% a poboación que accede a Internet, case a cuarta parte (un 21,7%) dos habitantes dos municipios de menos de 5.000 habitantes non tiña acceso a Internet cando lles sorprendeu a pandemia.

E outro estudo vén de indicar que a situación pandémica afectou tamén á actividade sexual das parellas. Así, catro de cada dez persoas viron como caían os seus encontros íntimos por mor tamén da baixada dos encontros casuais, un caso no que a baixada chega ao 60% debido á diminución da vida social e ao medo ao contaxio. Así titulaba Galicia Confidencial, “Así afectou a pandemia á vida sexual: os solteiros, peor parados que as parellas”.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...