IniciosociedadeA volta da Feira Medieval anima a confección de traxes de época...

A volta da Feira Medieval anima a confección de traxes de época en Monforte

Tras dous anos sen poder organizar o evento, o Concello de Monforte anunciaba días atrás que este ano volvería sempre e cando as circunstancias pandémicas non o impediran. Unha noticia moi ben acollida en xeral e no sector téxtil en particular.

Publicado o

- Advertisement -

Todo indica que a Feira Medieval de Monforte volverá este ano a ser un dos pratos fortes da programación festiva e cultural da cidade pero tamén da Ribeira Sacra.

“A Feira Medieval de Monforte é un dos maiores eventos da cidade a nivel cultural e comercial, xa que representa un atractivo turístico e axuda a atraer visitantes a Monforte e o conxunto da Ribeira Sacra. Queremos que a xente a poida seguir incluíndo dentro da súa programación de descanso e de ocio nas vacacións de Semana Santa, e traballamos para que así sexa”, dicía a principios de febreiro o alcalde, José Tomé Roca.

A noticia causou gran satisfacción entre os comercios monfortinos que aproveitan esta celebración para vender material téxtil e/ou para confeccionar traxes medievais, vestimentas que cada ano son máis visibles entre a veciñanza e os visitantes que participan da Feira Medieval.

Dende o propio Concello de Monforte de Lemos están a incentivar dende hai anos esta participación activa da xente para que se caractericen con traxes de época. Este ano volveron convocar o coñecido como Concurso de axudas para a confección de Traxes Medievais, actividade que se está a desenvolver ata o 22 de febreiro. Dende as emisoras de radio locais Radio Principal Cadena Ser e Onda Cero Monforte, aqueles que non tiñan gozado en edicións anteriores destas achegas (40 € por persoa) para confeccionar o seu traxe medieval, poderán chamar a estas radios e obter o seu bono contestando a preguntas que formulan na súa programación matinal.

Este tipo de accións axuda ao comercio local para activar as compras, beneficiando especificamente aos establecementos do sector téxtil. Segundo fontes do concello, en Monforte están adheridas a esta iniciativa as seguintes tendas: Gnomos, Nita Veiga, Teixidos Fildar e Retales Merce.

Vestimentas medievais que nos ensina Mireya Escorcia / XdL

Falamos con Mireya Escorcia, de Gnomos, para saber como recibiu a noticia de que habería Feira Medieval e dinos que a ledicia foi inmensa. “Escoitara falar á xente por aí que este ano se volvería facer pero ata que veu pola tenda xente do concello a comentar o dos bonos para traxes medievais non o crin”, dinos esta modista monfortina.

Para ela tanto o entroido como a Feira Medieval son dous eventos que lle solucionan case o ano polo traballo e encargos que ten estes meses. Recoñece que estar estes anos sen estes importantes eventos festivos foi un pau importante para a súa economía. Coa volta da Feira Medieval di estar “esperanzada” e traballando xa moitas horas para sacar adiante os moitos encargos de vestimentas medievais que está a recibir. Xa fixo varios traxes e ten máis dunha ducia encargados.

En relación ao entroido, dinos Mireya que este ano preferiu non atender encargos e centrarse só na Feira Medieval para poder traballar mellor, con máis calma.

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...