IniciosociedadeNovo impulso á candidatura da Ribeira Sacra co embaixador de España ...

Novo impulso á candidatura da Ribeira Sacra co embaixador de España na UNESCO

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse este mércores, 16 de febreiro, en París co novo embaixador de España na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes, para avanzar no futuro da candidatura a Patrimonio Mundial da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao remate do encontro, que tivo lugar na sede da Delegación Permanente de España ante a Unesco, en París, o responsable de Cultura da Xunta de Galicia explicou que a xuntanza serviu para dar a coñecer ao novo embaixador o traballo que está a facer o Goberno galego para revisar o expediente e impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial. “Estamos aproveitando o aprazamento estratéxico da candidatura para fortalecer e mellorar aspectos que nos permitan acreditar con toda a forza os valores excepcionais cos que conta o territorio da Ribeira Sacra”, explicou Román Rodríguez. Neste senso, o conselleiro gabou o labor e implicación coa Ribeira Sacra de Juan Andrés Perelló, anterior embaixador de España ante a Unesco, e celebrou a boa acollida de José Manuel Rodríguez Uribes, quen se comprometeu a seguir traballando xunto cos técnicos do Ministerio e da Consellería de Cultura neste proceso tan esixente co obxectivo de poder estar na fase final no prazo máis breve posible. “O novo embaixador comparte con Galicia o horizonte de que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial e a necesidade de consolidar o potencial deste territorio que conta cun gran futuro”, incidiu.

Pola súa banda, José Manuel Rodríguez Uribes sinalou que o obxectivo da reunión era pensar na Ribeira Sacra e recuperar o expediente para avanzar nunha “candidatura potente” que reflicta a importancia deste territorio “moi singular desde o punto de vista histórico, espiritual. “Comprométome a traballar desde a Unesco e xunto co Ministerio de Cultura neste expediente para que teña éxito ”, afirmou.

Nova fase na candidatura

Ademais deste encontro, Román Rodríguez lembrou que Galicia abriu unha nova fase na candidatura da Ribeira Sacra ao intensificar o traballo para, da man do Icomos, o órgano asesor da Unesco, dar un novo impulso á candidatura. “Seguimos crendo no gran valor deste territorio e o noso propósito é intensificar a nosa estratexia mediante o diálogo e a calidade técnica”,  precisou.

A Xunta de Galicia ampliou o equipo técnico que traballa na candidatura incorporando novos perfís que axuden a buscar novos e complementarios argumentos e xustificacións co fin de conseguir o máximo recoñecemento da Unesco. “Trátase de incorporacións que permite sumar a algúns dos mellores expertos patrimoniais de Galicia e marca un punto de inflexión na candidatura e na vía de diálogo con Icomos.”

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...