Iniciosociedade2 millóns de euros investidos no Camiño de Inverno, como é o...

2 millóns de euros investidos no Camiño de Inverno, como é o reparto por concellos?

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca a aposta da Xunta por impulsar o Camiño de Inverno aproveitando que este Xacobeo bianual é o primeiro que se celebra dende que se declarara ruta oficial de peregrinación no 2016, materializando investimentos por máis de 2.073.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Arias comprobou as melloras executadas nun tramo do Camiño á altura do barrio de Rioseco, en Monforte de Lemos, no marco do plan de acondicionamento de treitos que necesitaban unha rehabilitación e de sinalización integral da ruta, que supuxo un orzamento de 925.000 euros na provincia. 

En concreto, deste montante total, 236.500 euros corresponden ao municipio de Monforte, 223.400 euros ao de Quiroga, 213.800 euros á Pobra do Brollón, 128.830 a Chantada, 74.600 a Pantón, 42.880 ao Saviñao e 5.000 a Ribas de Sil.

Está previsto que este ano entre en funcionamento o primeiro albergue público de peregrinos desta zona, na antiga residencia bispal de Diomondi no Saviñao, logo de investir máis de 1 millón de euros na rehabilitación integral deste edificio medieval declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Realizáronse intervencións para mellorar a seguridade viaria para os peregrinos en catro puntos da estrada autonómica LU-933 en Quiroga, na LU-213 nun cruce en Chantada e na LU-652 na Pobra do Brollón. O importe das seis actuacións ascendeu a preto de 70.000 euros.

Nova convocatoria de axudas

Javier Arias fixo referencia ao programa de axudas dirixido a concellos e outras entidades así como aos particulares para actuacións de embelecemento na contorna do Camiño, que o pasado ano impulsou sete obras nesta área, con achegas que sumaron 78.300 euros.

Catro destes proxectos foron promovidos por particulares, dous en Chantada, un en Pantón e outro en Quiroga. Os outros tres partiron de concellos, na Pobra do Brollón fixéronse traballos de conservación da Ponte de Barxa e a mellora e pavimentación dun tramo; no Saviñao adecuaron a contorna da escola de Montecelo-Diomondi, e en Monforte de Lemos acondicionaron a contorna do centro social de Reigada.

Estas axudas poden solicitarse ata o vindeiro día 23 de marzo. Están dirixidas ás entidades locais, persoas físicas e persoas xurídicas sen ánimo de lucro, comunidades de propietarios, asociacións de veciños e outras entidades e institucións. Poden utilizarse para a rehabilitación ou reforma de espazos e inmobles públicos ou privados, sempre que incidan e procuren a mellora paisaxística e embelecemento do Camiño de Santiago. O importe da subvención será do 75 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 15.000 euros para concellos e 10.000 euros para os demais beneficiarios

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....