Gala dos Premios AJE Lugo no Parador de Monforte o día 4 de marzo

A Asociación de Novos Empresarios de Lugo celebra este venres, 4 de marzo, ás 19:30 horas no Parador de Monforte de Lemos, a VIII Gala dos Premios AJE Lugo.

networking Ribeira Sacra / AJE Lugo

Con este acto quérese premiar o labor daqueles emprendedores e novos empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na provincia de Lugo, especialmente nestes anos de incerteza. Para os gañadores estes galardóns supoñen, ademais do recoñecemento ao seu labor, a proxección da súa actividade empresarial a través de medios de prensa e publicidade. Ao mesmo tempo que serve de exemplo de superación para a mocidade lucense mostrando que o auto emprego e a innovación é outra posibilidade de traballo.

Os gañadores serán obsequiados cunha bolsa para formación na Escola de Negocios IESIDE e cóntase coas seguintes categorías de premios: Premios Novo Empresario/a 2021 e Premio Nova Iniciativa Empresarial 2021; ademais de dous accésit: Accésit Innovación 2021 e Accésit RSE 2021.

O acto reunirá a diferentes personalidades e representantes do mundo empresarial, financeiro e institucional lucense, das cales algúns formarán parte do Xurado que valorará os proxectos das candidaturas presentadas, baixo criterios baseados na calidade, innovación, permanencia ou crecemento sostible no mercado, viabilidade ou sustentabilidade, entre outros.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here