IniciosociedadeO cartel dunha moza ourensá anunciará a XLII Feira do Viño de...

O cartel dunha moza ourensá anunciará a XLII Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober comeza o ‘Mes do Amandi’ co fallo do concurso, cun concerto das Xuventudes Musicais e a presentación do equipo de Rally ‘Barantes Sport’

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rocío Rodicio González, de 15 anos e veciña de Ourense, é a gañadora do concurso de carteis da XLII Feira do Viño de Amandi, que se celebrará en Sober os próximos 9 e 10 de abril, volvendo así a súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

O cartel darase a coñecer o vindeiro sábado día 12 ás 12:00 horas nun dos novos recursos turísticos e paisaxísticos cos que conta o Concello de Sober. A gañadora recibirá un premio de 600 euros.

Rocío Rodicio explica que o seu deseño recolle a esencia da Feira do Viño de Amandi, no que se pode ver representado o Río Sil, as uvas e a figura do viticultor. Considera a distinción “unha gran oportunidade” e asegura estar moi orgullosa co premio e co traballo, unha acuarela con lapis de cores.

Mes do Amandi

Co fallo do concurso de carteis o Goberno local inicia este sábado o ‘Mes do Amandi’, as actividades previas á celebración da Feira do Viño. A localidade acolle ademais esta tarde un concerto das Xuventudes Musicais de Sober e a presentación do equipo de Rally ‘Barantes Sport’, co que colabora o Concello de Sober.

Todas estas actividades conforman o marco ideal para botar a andar o Mes do Amandi cuxas propostas se prolongarán ata a data da Feira do Viño e se irán dando a coñecer nos vindeiros días. Este ano o pregoeiro da XVII Feira do Viño de Amandi será o actor, Chechu Salgado, nacido na localidade e gañador do Premio Goya deste ano como mellor actor revelación polo seu papel no filme ‘As leis da fronteira’.

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...