IniciosociedadeSober pide a colaboración das mulleres para ensalzar a liberdade nunha exposición...

Sober pide a colaboración das mulleres para ensalzar a liberdade nunha exposición fotográfica

O Concello de Sober pide a colaboración das mulleres que queiran colaborar para elaborar unha exposición de fotos nas que se amose a súa beleza natural. A iniciativa forma parte das actividade organizadas polo Goberno local con motivo do 8 de marzo e no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o Concello explican que ao longo da historia as mulleres sufriron unha forte e evidente presión social en torno ao seu físico. Así pois, recibiron e interiorizaron, por medio dos distintos axentes de socialización, crenzas e regras non escritas sobre como debe ser a súa imaxe, sumíndoas no medo ao rexeitamento.

A sociedade na que vivimos motiva a exclusión ao ensinar que o corpo da muller debe ser o máis parecido posible o estereotipo establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitando se non o logran.

É unha ensinanza invisible que non se transmite de forma directa, pois é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser  libre e ten que estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental.

Dende os Servizos Sociais do Concello de Sober queren contribuír a loitar contra esas crenzas que prexudican a todas as mulleres, derribando eses pensamentos machistas que as cohiben e condenan. “Queremos que a palabra liberdade cobre todo o seu sentido e significado e que a saúde física e mental sexa real e propia”, precisan.

Así, o proxecto que propoñen busca realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa. “Queremos que aquilo que a nosa sociedade ve como defectos se perciba como o que verdadeiramente é, o corpo de todas as mulleres, a súa realidade”

Con este obxectivo invitan a todas as mulleres a colaborar na exposición da beleza real e natural rompendo cos cimentos que nos oprimen. Agárdase que o proxecto vexa a luz nuns meses, tempo durante o que traballarán con todas as participantes de cara a facer esa exposición final que aglutine todo o proxecto.

Para máis información e/ou para participar poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Sober a través do número de teléfono 628055236, por medio dunha chamada telefónica ou vía whatsApp.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...