Iniciosociedade23 adegas na XLII Feira do Viño de Amandi que homenaxea ao...

23 adegas na XLII Feira do Viño de Amandi que homenaxea ao concello de Bóveda

Un total de 23 adegas do Concello de Sober están inscritas para participar na XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar en Sober os días 9 e 10 de abril, volvendo así á súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A edición deste ano será inaugurada por Adega Tear como homenaxe a Manuela Valdés, falecida recentemente, e ao seu marido Nilo Vila, falecido hai xa algúns anos.

Esta edición da feira será dedicada o Concello de Bóveda continuando así cunha homenaxe especial que se fai cada ano a un Concello da comarca. E o pregón correrá a cargo do mozo nacido en Sober, Chechu Salgado, quen vén de acadar o Goya a mellor actor revelación por ‘Las leyes de la frontera’.

Mes do Amandi

Seguindo coas actividades do Mes do Amandi, o Concello de Sober dará a coñecer este sábado ás 12:00 horas o cartel anunciador da Feira, obra da moza ourensá Rocío Rodicio. Farao nun acto que tamén vai servir para dar a coñecer un novo recurso turístico e paisaxístico co que conta o Concello de Sober: a fervenza de Portizó, recentemente acondicionada polo Goberno local coa axuda da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Ese mesmo día o Goberno local seguirá avanzando nas actividades do Mes do Amandi, que deron comezo xa o pasado sábado co fallo do concurso de carteis, o concerto de Egeria e a presentación do equipo de rally Barantes Sport.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...