Iniciosociedade"Este ano toca vibrar como lume da noite e arder xuntos" invita...

“Este ano toca vibrar como lume da noite e arder xuntos” invita Monforte á súa Feira Medieval

Este mércores presentábase a campaña promocional da décimo oitava edición da Feira Medieval de Monforte, un evento que se celebrará os vindeiros 16 e 17 de abril,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na presentación deuse a coñecer o deseño do cartel e o vídeo oficial do que é un dos eventos máis importantes do calendario anual do concello, que levaba dous anos sen poder celebrarse pola pandemia da Covid e que este ano retómase nas súas datas habituais de Semana Santa, o 16 e 17 de abril.

O alcalde anunciou o desenvolvemento dunha campaña de promoción “igual de intensa que a que fixemos no ano 2019 para que a xente poida incluír a Feira Medieval dentro da súa programación de descanso e de lecer nas vacacións de Semana Santa, que veñan a Monforte”.

Cartel oficial

O cartel da XVIII edición da Feira Medieval de Monforte, foi deseñado polo monfortino, José Antonio Quiroga. No seu deseño conxuga varios elementos que para o Equipo de Goberno son claramente centrais da feira, como a TAU, ou a Porta Nova da Muralla Medieval.

Incorpora tamén a presenza dunha figura feminina, “unha muller que transmite toda a forza e valentía coa que volvemos a recuperar esta Feira Medieval, e que conecta cos actos que estamos celebrando arredor do 8M Día Internacional da Muller”, explicou o rexedor monfortino.

Vídeo que anuncia a recuperación da Feira Medieval

O pasado ano, no que non se puido celebrar este evento por mor do Coronavirus, o Concello elaborara un vídeo con actores galegos que recorrían diferentes condados de Galicia, para avisar de que en 2021 non habería Feira Medieval, pero prometendo que, se as circunstancias se daban, si a habería en 2022. O vídeo promocional para este 18ª edición da Feira Medieval da resposta a esa promesa, e tal e como destaca o audiovisual “toca vibrar como lume da noite e arder xuntos”, subliñou José Tomé.

O traballo realizado por Amanita Studio, empresa monfortina, conta coa voz da poetisa de Salcedo (A Pobra do Brollón) Noa Moreira e a banda sonora do compositor monfortino Fabio Gonzalez.

Un vídeo no que os protagonistas son os monfortinos e monfortinas que participaron en pasadas edicións da Feira, polo que esta é “unha proposta adicada ás persoas, que son a esperanza nestes duros momentos, e que son a razón principal pola que cada ano melloramos a Feira Medieval e a convertemos nunha das celebracións máis esperadas do ano, tanto en Monforte como na Ribeira Sacra”. O vídeo circulará polas redes sociais e a páxina web do Concello, proxectarase no MUPI do Cardenal e en diferentes soportes dixitais, para acadar a máxima difusión posible deste evento.

Animación de rúa na Feira Medieval 2018. Foto: Xosé Manuel F.

“Boa mostra de que o traballo de promoción que vimos facendo dá bos resultados é que temos máis de 100 solicitudes, 103 en concreto, para a instalación de postos. Isto pon de manifesto que a Feira Medieval de Monforte sigue sendo un referente dentro do calendario de eventos de Galicia, que interesa participar nela e que polo tanto, estou seguro de que se seguirá consolidando cada vez máis,” insistiu Tomé.

Presentación do programa oficial no Mercado Medieval

O terceiro elemento de promoción da Feira Medieval será o Programa Oficial, que será dado a coñecer durante a inauguración do Mercado Medieval, que terá lugar o 26 e 27 de marzo na Praza de Abastos, “mercado co que queremos animar ás ventas relacionadas con produtos relacionados coa Feira Medieval”.

O Alcalde concluíu a súa intervención destacando que “tal e como me comprometín dende principios de ano, seguimos traballando para recuperar a normalidade en Monforte de Lemos, e para volver a celebrar con todo o seu esplendor a nosa Feira Medieval, que tamén vai supoñer unha importante inxección económica para a nosa hostalería, o noso comercio e o noso turismo”.

E tamén anunciou que “con esta edición número 18, xa só quedan días para acadar as 20 edicións para que se recoñeza a condición de Feira de Interese Turístico de Galicia”.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....