IniciosociedadeA AV do Saviñao pide ao concello participar na poxa da casa...

A AV do Saviñao pide ao concello participar na poxa da casa sindical de Escairón

O 3 de febreiro saíu publicado no D.O.G. a poxa pola Consellería de Facenda e Administración Pública do edificio dos antigos sindicatos, dita poxa terá lugar no Edificio Administrativo da Xunta na Ronda da Muralla en Lugo o próximo 17 de marzo. A poxa pública parte dun primeiro valor de 103.000 €, en segunda 88.000 € e 72.500 en terceira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía do Saviñao coa intención de solicitar a adquisición da Casa Sindical da rúa Mendez Nuñez. O edificio dos antigos sindicatos, denominado Lanca ou Campo da Virxe é unha construción de cantaría de principios do século XX, ubicado nas proximidades da Devesa de Escairón.

Segundo a asociación veciñal a adquisición por parte do Concello garantiría que nese solar non se constrúa en altura, “aportando consenso urbanístico a esa zona de lecer. Dita construción está catalogada como patrimonio civil no PXOUM coa ficha AC-212 e a súa adquisición suporía un interesante incremento do patrimonio municipal.”

O edificio actual de dúas prantas e 750 metros cuadrados por pranta ten capacidade suficiente para albergar no seu interior diversas salas e variadas actividades, polo que a asociación considera distintas posibilidades de uso no caso de ser municipalizado e sinala:

  • A pranta baixa podería adicarse a Local da Xuventude, “unha vella reivindicación que nunca tivo resolución e que trouxo como consecuencia a deambulación das múltiples xeneracións de mozos polos bares ou á intemperie por non contar cun lugar de reunión ou a súa marcha a Monforte ou Chantada, causando desarraigo e fuga da xoventude.”
  • Baraxar a posibilidade de ubicar nesa pranta un Centro de Día para uso dos maiores, “outra importante carencia de servizos do noso concello. Aínda que para esta actividade a asociación contempla mais idónea a remodelación do edificio de enfronte do antigo ambulatorio.”
  • A pranta superior podería distribuirse en varios locais para a cesión ó diverso tecido asociativo do municipio para a realización das súas actividades, xa que a día de hoxe non hai posibilidade física de facilitar este dereito recollido no ROF e na LRBRL.

Consideran que esta é a última oportunidade que terá o Concello de adquirir este ben patrimonial e solicítanlle á Alcaldía a participación na poxa para a adquisición deste inmoble para uso do conxunto da sociedade do Saviñao e dos diversos colectivos asociativos.

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...