InicioComarca de SarriaPlan de prevención de incendios forestais en Láncara e O Páramo

Plan de prevención de incendios forestais en Láncara e O Páramo

As accións están enmarcadas no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia está acomentendo obras enmarcadas no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural. Neste caso, o departamento que dirixe José González investiu uns 100.000 euros en traballos preventivos nos montes de Lugo, Láncara e O Páramo, pertencentes ao distrito forestal IX Lugo-Sarria.

Nos montes do Concello de Láncara estanse realizando traballos preventivos de mellora de pistas e desbroces de faixas auxiliares, así como tamén acondicionamento de cortalumes co obxectivo de frear posibles incendios forestais. Concretamente, estase traballando en montes das parroquias de Armeá, Touville, Lama, Souto e Monseiro.

No caso do Concello do Páramo, a Consellería do Medio Rural está realizando obras preventivas en montes das parroquias de Moscán, Vilafiz e Sa. Estanse levando a cabo melloras de infraestruturas e desbroces de faixas auxiliares de pista e de pistas forestais. Estas accións inclúen tamén a colocación de pasos de auga naqueles lugares onde son necesarios e o acondicionamento dos accesos aos montes.

PLAN DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Todas estas obras enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que no ano 2021 contou cun orzamento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.

O obxectivo final destas accións preventivas é evitar que o lume se produza, e en caso de producirse, limitar ao máximo a súa propagación e minimizar os danos causados.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...