IniciosociedadeAprendendo sobre insectos e réptiles no IES A Pinguela

Aprendendo sobre insectos e réptiles no IES A Pinguela

Obradoiro ó alumnado de 1º ESO A+B do IES A Pinguela, sobre serpes e réptiles, o seu coidado, características e a importancia de non adquirirlos nunca como mascotas, dado o alto risco que se lles pode ocasionar e máis aínda á saúde ambiental do planeta

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Álex Soriano, un dos responsables do Núcleo Zoolóxico Aula de réptiles,
alertou do problema que se crea no Medio Ambiente cando estes animais son abandonados nun hábitat que non é o seu. Ensinoulles a distinguir polas escamas a un lagarto dunha serpe, do seu sangue frío, etc…

Obradoiro réptiles / IES A Pinguela

Puideron ver e tocar estes animais, como é a súa pel, a súa textura, se son escamosos ou lisos, se a pel é dura ou branda,… Tamén falou sobre o erro cada vez máis habitual de pensar que estes animais pódense ter como mascotas.

Obradoiro réptiles / IES A Pinguela

As estrelas do taller foron a Macroclemys temminckii (Considerada a tartaruga de auga doce máis grande do mundo), Geochelone Sulcata (Tartaruga de terra africana, a cuarta máis grande do mundo), Pogona Vitticeps (Lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil), Lampropeltis T. Sinaloae (serpente inofensiva, coñecida como falsa coral), Araña, Camaleón Calyptratus e a Pitón Molurus Albina (a estrela, que sen ser grande, pesa uns 20 quilos).

Foi, en definitiva, un taller divertido e enormemente formativo que o alumnado gozou moito.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...