23 voluntarios de Protección Civil fórmanse no Incio cun curso da Xunta

Persoal de Protección Civil iniciou esta semana no Incio un curso de formación básica no que participan 23 voluntarios de novo ingreso procedentes deste municipio e de Chantada, O Saviñao, Sarria e Cervantes.

Curso Voluntarios Protección Civil O Incio / Concello do Incio

O curso do Incio impártese ata o 3 de abril no edificio multiusos e ten por obxecto ofrecer ao novo persoal a formación básica necesaria para o exercicio das funcións propias destes equipos de emerxencias.

Inclúe contidos relacionados cos riscos, os accidentes e a autoprotección; a loita contra os incendios; as comunicacións e as actuacións básicas ante emerxencias médicas, así como un módulo sobre igualdade de oportunidades.

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, programa dous cursos máis de formación básica en Chantada -do 13 ao 23 de abril – e Lugo -do 25 ao 29 de maio -. Había un máis previsto en Vilalba pero foi aprazado.

Así mesmo, ofértanse catro cursos de Desfibrilación Semiautomática Externa (DESA) no Incio -o vindeiro día 9 de abril -; O Saviñao -30 de abril -; Vilalba -21 de maio -; e Lugo –4 de xuño -.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here