Iniciosociedade"Coidados Porta a Porta" chega a Folgoso do Courel en xullo

“Coidados Porta a Porta” chega a Folgoso do Courel en xullo

Unha unidade móbil desprazarase ao Concello para ofrecer servizos de oftalmoloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa da Consellería de Política Social visitará ao Concello de Folgoso do Courel días 4, 5 e 6 de xullo tras a petición feita polo Goberno local cando se presentou a iniciativa piloto.

O programa, que xa tivo unha fase experimental en 2019 na que participaron 20 concellos, consiste na habilitacións de oito autobuses que se encargan de percorrer as zonais rurais para ofrecer os coidados médicos de proximidade a persoas maiores de 55 anos.

Trátase dun servizo formado por unidades móbiles nas que os maiores de 55 anos acceden gratuitamente a servizos de oftalmoloxía, podoloxía, e estimulación da memoria para aquelas persoas que residen en zonas rurais e non teñen facilidades de acceso a este tipo de prestacións.

Os recursos que ofrecen as unidades móbiles van rotando polos diferentes concellos de Galicia con estadías de varios días en cada un deles. A previsión é que esta unidade móbil realice varias visitas ao ano ao Concello, despois dun paro provocado pola pandemia.

Cando se achegue a data o Concello de Folgoso do Courel porase en contacto cos veciños e veciñas das diferentes aldeas para coñecer as persoas que poden precisar ou estar interesadas no servizo e coordinar así a súa prestación coa Consellería de Política Social.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...