IniciosociedadeMarzo de emprego na zona centro e sur da provincia

Marzo de emprego na zona centro e sur da provincia

A secretaría de acción sindical de CCOO Lugo valora positivanente a redución do paro no mes de marzo, de forma especial na zona sur cun descenso de 86 parados, na provincia foron un total de 121. Desde CCOO consideran que os datos aínda serían mellores, de non sufrir a folga do transporte por estrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na comarca de Lemos o número de parados en marzo é de 1.429 (-60). Por concellos: Bóveda 39 (-3), Monforte de Lemos 1.030 (-45), Pantón 71 (-8), A Pobra do Brollón 69 (=), O Saviñao 130 (+2), Sober-82 (-6).

Na comarca de Quiroga o paro descendeu en 10 persoas, situándose en 249: Folgoso do Courel 36 (-6), Ribas de Sil 41(-3), Quiroga 172 (-1).

Na comarca de Chantada baixan os parados en 16 ata 554: Carballedo 62 (+2), Taboada 91 (-1), Chantana 401 (-17).

Baixou o paro tamén en todos os concellos da comarca de Sarria ata sumar 21 parados menos: O Incio 49 (-4), Láncara 91 (-6), Paradela 25 (4), O Páramo 36 (-5), Samos 34 (-2), Sarria 723 (-6), Triacastela 24 (-3).

Desde CCOO consideran que estes bos datos son como consecuencia das contratacións para a Semana Santa. Valoran moi positivamente o aumento da contratación indefinida, pasando dun 9% ao 21%. Consideran que dá os seus froitos a reforma laboral pactada cos sindicatos e a patronal e congratúlanse de que as comarcas de Lugo centro sur teñan máis de 23.500 cotizantes á seguridade social, cifras anteriores á pandemia.

Califica o sindicato de feito histórico, o impulso da Ministra de Traballo, para acabar coa discriminación das traballadoras empregadas do fogar, para equiparalas en dereitos, como ao resto das traballadoras, en canto a:

  • cobranza de prestacións por desemprego
  • cobranza do fogasa (en caso insolvencia do empregador)
  • indemnización en caso despido (vella reinvindicación de CC.OO)

Congratúlanse desde CCOO da sentenza do supremo ditada esta semana que dá a razon ao acordo asinado co Ministerio de Traballo para facer realidade os plans de igualdade en empresas de menos de 6 traballadores onde non existe representación legal dos sindicatos maioritarios.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...