IniciosociedadeA Feira do Viño de Quiroga e a D.O. Ribeira Sacra, exemplos...

A Feira do Viño de Quiroga e a D.O. Ribeira Sacra, exemplos de calidade para dinamizar o rural

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, foi o encargado de inaugurar este mediodía a XL Feira do Viño de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste 2022 a Feira do Viño de Quiroga é segunda cita coas elaboracións da denominación de orixe (DO) Ribeira Sacra, tras a celebración a semana pasada da Feira do Viño de Amandi. En Quiroga, o conselleiro puxo estes viños con selo de calidade, así como os eventos que os poñen en valor, como exemplos do camiño que debe seguir o noso sector primario para servir de panca que contribúa a recuperar e dinamizar o noso rural.  

Na súa intervención, José González, referiuse á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia promovida pola Xunta xunto coa Fundación Juana de Vega para potenciar tanto a imaxe de marca e identidade dos viños galegos como o turismo vinculado aos territorios onde se producen. Froito da intensa colaboración e do traballo de todo o sector -dixo- esta folla de ruta xa en marcha axudará a definir os pasos a dar a medio e longo prazo tanto polas adegas como polos viticultores.

Así mesmo, o titular de Medio Rural aludiu á Lei de recuperación da terra agraria, pensada -tal e como destacou- para zonas como a Ribeira Sacra, que contan con terreos de calidades agronómicas únicas pero cun elevado grao de abandono. A norma -aseverou- está a servir para apostar por actividade agrogandeira e forestal con valor engadido que permita poñer en valor o noso rural. Actividade como a das denominacións de orixe vitivinícolas mediante polígonos agrarios para o cultivo de viñedo, neste caso.

Feira do viño de Quiroga

A Feira do Viño de Quiroga chega á súa edición número 40 ofrecendo o produto dunha ducia de adegas da DO Ribeira Sacra, ás que se suman unha máis convidada da denominación de orixe Ribeiro.  

Cabe sinalar que a D.O. Ribeira Sacra está orientada fundamentalmente á produción de viños tintos, sobre todo empregando a variedade mencía, mentres que os viños brancos, cunha produción menor, proveñen de variedades como godello, albariño e treixadura.

A zona amparada para a produción deste viño comprende parroquias e lugares de 20 municipios situados ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte da de Ourense. Está constituída polas subzonas de Quiroga-Bibei, Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...