A Deputación estrea a segunda edición de Actívate e programa un maio de románico na provincia

A Deputación de Lugo inaugura esta fin de semana a segunda edición do programa de turismo activo e de aventura 'Actívate' nos concellos de Ribas de Sil e A Pontenova con actividades vinculadas ao sendeirismo e á espeleoloxía.

Actívate presentación / Deputación Provincial

A través desta iniciativa, a institución ofrecerá as fins de semana ata xullo un total de 26 actividades gratuítas para todos os públicos ao aire libre noutros tantos concellos da provincia co dobre obxectivo de seguir apoiando ao sector turístico, á hostalería e ó comercio e, ao mesmo tempo, avanzar nun modelo de turismo de calidade e sostible, que pon en valor o rico e diverso patrimonio da provincia e que dinamiza a economía e o emprego, sobre todo no rural.

As inscricións ábrense progresivamente todos os venres, cunha semana de antelación, ata completar o calendario. Polo tanto, vense de abrir o prazo para anotarse nas vindeiras propostas entre as que está agroturismo e introdución á apicultura, en Láncara, o día 8.

As persoas interesadas poden anotarse na web http://inscricions.deputacionlugo.org Para máis información, poden enviar un correo electrónico a activate@deputacionlugo.org ou chamar ao teléfono 982.26.02.35.

As seguintes datas do programa Actívate na zona sur da provincia son:

MAIO

  • 8 de maio: Agroturismo e introdución á apicultura, en Láncara
  • 21 de maio: Iniciación á equitación, en Taboada

XULLO:

  • 24 de xullo: Trekking, en Monforte de Lemos

Actívate súmase a outras iniciativas que ten en marcha a Deputación de Lugo cos mesmos obxectivos, é o caso do programa Coñece a túa Provincia, do que se beneficiarán unhas 3.000 persoas de 135 asociacións entre esta primavera e o outono; o programa Saborea a túa Provincia, unhas xornadas de lecer e gastronómicas que terán lugar en agosto ou as 16 rutas gratuítas polo románico da provincia que organiza en maio a institución con motivo do Día da Transrománica.

400 prazas para 16 rutas polo patrimonio románico da provincia

A segunda edición do programa de actividades gratuítas que a institución provincial porá en marcha con motivo do Día da Transrománica presentábase esta semana no concello de Taboada.

Taboada presentación Transrománica / deputación Provincial

As rutas faranse os días 7, 8, 9, 14 e 15 de maio. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas, catro veces máis que a edición pasada. Todas as actividades estarán dirixidas por un guía oficial de turismo.

As inscricións poderán facerse na web http://inscricions.deputacionlugo.org ata dous días antes das actividades ou ata completar aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982.260.011 e 982.260.234, ou dirixirse ao correo electrónico romanico@deputacionlugo.org

A programación organizada este ano pola Deputación na zona sur da provincia con motivo do Día da Transrománica é a seguinte:

Sábado, 7 de maio

  • 16.30 horas. O románico de Chantada

Domingo, 8 de maio

  • 10.30 horas. Taboada: O románico menos coñecido
  • 10.30 horas. Pantón: A Ruta do Monacato Feminino
  • 16.30 horas. O Saviñao: Románico con vistas ao Miño

Sábado, 14 de maio

  • 10.30 horas. O románico en Sober
  • 10.30 horas. Monforte na historia
  • 16.30 horas. O románico no Xeoparque das Montañas do Courel

Domingo, 15 de maio

  • 10.30 horas. O Románico na contorna do Miño e o Camiño de Santiago: Portomarín e Paradela
  • 16.30 horas. O Románico no Camiño Francés

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here