IniciosociedadeNava Castro, directora de Turismo de Galicia, inaugurará a XXII Mostra do...

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, inaugurará a XXII Mostra do Aceite de Quiroga

A exaltación do AOVE, Aceite de Oliva Virxe Extra, de Quiroga será o vindeiro 29 de maio. Cinco olivicultores darán a probar e comercializarán o aceite da última colleita, e como novidade deste ano terá lugar un acto institucional de inauguración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Conta atrás para o 29 de maio, data na que se celebrará este ano a XXII Mostra do Aceite de Quiroga. Como é tradicional dende os comezos desta exaltación do ouro verde, o lugar das Farrapas, en Bendilló, acollerá no seu muíño tradicional esta romaría gastronómica cun marcado interese etnográfico e turístico; tanto é así que a celebración conta dende o ano 2014 co selo de ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’.

En calquera caso, a mostra ten un carácter máis etnográfico que festivo, onde a moenda tradicional do aceite dentro do muíño é o eixo central desta celebración. A posta en funcionamento do antigo muíño ás 11:30 h., coa demostración da elaboración tradicional do aceite, será o acto que abrirá o programa dunha xornada na que o AOVE (Aceite de Oliva Virxe Extra) será o protagonista.

Muíño de aceite de Bendilló. Foto: XMF

A mostra ten un carácter máis etnográfico que festivo, onde a moenda tradicional do aceite dentro do muíño é o eixo central desta celebración

Paralelamente, durante toda a mañá o aceite elaborado por cinco olivicultores do Concello de Quiroga estará á venda no recinto feiral nos seus respectivos postos. Alí poderase probar e mercar o aceite da última colleita que segundo nos contan saíu espectacular. Os colleiteiros presentes esta ano son: José Manuel López Maseda, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Manuel Mondelo Rodríguez e Pedro Soto Losada.

Dende a organización informan que “para facilitar que as numerosas persoas que cada ano se achegan ata esta zona poidan ver o proceso de elaboración tradicional do aceite, dado o número reducido de aforo do propio muíño, na capela das Farrapas (situada ao seu carón) proxectarase en vídeo este proceso”.

Capela das Farrapas en Bendilló. Foto: XMF

Dende as 12:00 h. o grupo tradicional local ‘O Recanto’ actuará no recinto feiral e a continuación a mostra contará cunha inauguración oficial. Será ás 12:45 h. cando a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, se encargue do simbólico corte de cinta.

Inauguración oficial ás 12:45 h. a cargo da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

No recinto feiral tamén se poñerán á venda produtos típicos da comarca, haberá postos de artesanía e poderase degustar polbo e churrasco.

Postos no recinto feiral (arquivo) / XdL

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...