IniciosociedadeA Agacal desenvolve en Monforte 5 xornadas sobre xestión técnico-económica de distintos...

A Agacal desenvolve en Monforte 5 xornadas sobre xestión técnico-económica de distintos tipos de explotacións

Entre os días 16 e 20 de maio abordaranse aspectos como os investimentos, o cálculo das amortizacións técnicas ou os préstamos orientados á gandaría en extensivo, ao vacún de leite, ás explotacións gandeiras sen terra ou á fruticultura, vitivinicultura e apicultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades formativas levaranse a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos, con catro horas de duración cada unha, desenvolveranse de 10,00 a 14,15 h. O obxectivo dos cursos é presentar a xestión técnico-económica como unha ferramenta para impulsar a rendibilidade da actividade agrogandeira, analizando o concepto e -de maneira pormenorizada- as fases que comprende, así como o produto final que se obtén. Tamén se abordarán aspectos como os investimentos, o cálculo das amortizacións técnicas ou os préstamos, para finalizar con exercicios prácticos que axuden aos alumnos a asimilar o aprendido.

Así, o 16 e o 18 de maio están programadas senllas sesións orientadas á gandaría en extensivo, o 19 haberá unha centrada nas granxas sen terra e o día 20 unha para os titulares de explotacións de cultivos, fruticultura, vitivinicultura ou apicultura. A quinta xornada -dirixida ao vacún de leite– será tamén o luns 16 e nela falarase da situación do sector, así como da aplicación Conta Láctea, impulsada pola Xunta para que os gandeiros poidan calcular os seus custos de produción e profesionalizar a xestión das súas explotacións. 

Estas iniciativas están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

No seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de preinscrición correspondentes a enviar a cesar.crespo.vazquez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982 889 106.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...