Iniciosociedade126.000€ na mellora dos viarios e aparcadoiros do Hospital de Monforte

126.000€ na mellora dos viarios e aparcadoiros do Hospital de Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a traballar na mellora do firme dos viarios e áreas de aparcamento do hospital público de Monforte de Lemos, onde inviste 125.800 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, comprobou a marcha das obras, que consisten na realización de fresados e a reposición da capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente. A intervención inclúe a substitución do pavimento da área de Urxencias.

A finais desta semana está previsto rematar os traballos, que se completarán coa renovación da sinalización horizontal e o reforzo dos indicadores verticais. As obras enmárcanse no proxecto de mellora do firme nos centros hospitalarios da área sanitaria, incluídos o Lucus Augusti (Hula) e o hospital de Calde, na cidade de Lugo, onde as melloras xa se executaron; así como o Hospital da Costa de Burela, onde previsiblemente comezarán as actuacións a vindeira semana.

O obxectivo desta medida é “corrixir o deterioro dos pavimentos e incorporar novos servizos co fin de achegar aos usuarios unhas infraestruturas máis seguras e cómodas.”

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...