“Poemas pendurados” coa Biblioteca Accesible que promove o concello de Bóveda

As persoas que participan na Biblioteca Accesible que promove o Concello de Bóveda comezaron esta semana coa actividade 'Poemas pendurados'.

Poemas pendurados bibilioteca accesible / Concello de Bóveda

‘Poemas pendurados‘ recolle textos do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.

A iniciativa consiste en pendurar poemas das árbores en distintas partes do Concello como un xeito orixinal de sacar a poesía á rúa e que as persoas interesadas poidan facer a lectura deses poemas pendurados.

Estes días os poemas foron pendurados no exterior do Centro Sociocultural polos usuarios e usuarias da Residencia Domus Vi que participan na Biblioteca Accesible.

Poemas pendurados bibilioteca accesible / Concello de Bóveda

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here