Aprazados os cortes de tráfico en Otero Pedrayo de Monforte este día 13

O concello de Monforte anunciaba para este venres cortes na rúa Otero Pedrayo, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa. Hoxe a media mañá informaba de que por motivos alleos ó Concello de Monforte, as obras previstas para hoxe non se van desenvolver. Comunicarase a nova data cando haxa confirmación.

Monforte de Lemos / XdL

As obras de mellora íanse desenvolver a partir das 15:00 horas deste venres, día 13 de maio, co obxecto de minimizar o efecto das obras sobre o tráfico rodado nesa zona da cidade.

“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio, esta obra na zona centro da cidade, e nun tramo horario no que o tráfico rodado é menor”, destacou o Alcalde.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here