O 20 de maio preséntase o Cume Tapas Erótico

Conta atrás para a celebración do Cume Tapas Erótico

Cume tapas erótico

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presenta o cartel do Cume Tapas Erótico e anuncia que a presentación do evento terá lugar o vindeiro venres, 20 de maio, ás 18:00 h no salón do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Esta nova edición do concurso de tapas de Monforte, que se celebrará do 21 de maio ao 5 de xuño, pretende facerlle unha dedicatoria especial ao amor libre e á diversidade de xénero e por iso contará coa imaxe das drag queens Lola Menta, Ketty Pinn e Manola Pirola.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here