7 concellos da Zona Sur perciben 354.600 euros para contratar a 26 persoas perceptoras da Risga

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 900.000 euros a colaborar con 19 concellos da provincia de Lugo para contratar a 68 persoas perceptoras da Risga (renda de integración social de Galicia), que se encargarán de realizar obras ou servizos de interese xeral nos seus respectivos municipios.

Desescalada Monforte / XdL

Esta convocatoria ofrece aos colectivos más vulnerables a oportunidade de adquirir experiencia e práctica profesional para facilitar a súa inserción laboral. Sete concellos da Zona Sur perciben 354.600 euros para realizar 26 contratos. Así, Monforte de Lemos cubrirá dez postos de traballo; Chantada e O Saviñao cinco cada un, Quiroga e A Pobra do Brollón dous respectivamente; e Ribas de Sil e Sober un. Na zona centro, Sarria fará dous contratos.

A Administración galega inviste en toda a Comunidade case 7,7 millóns de euros en axudas destinadas á contratación de máis de 615 persoas perceptoras da Risga en preto de 180 concellos.

O obxectivo é proporcionar ás persoas traballadoras destinatarias -mulleres e homes en situación ou risco de exclusión social- un contrato temporal que lles permita adquirir práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral. Neste caso dáse cobertura aos gastos salariais totais derivados da contratación por un período máximo subvencionable de 9 meses, asumindo do 50% ao 75% da xornada

Con esta medida, a Xunta persegue mellorar a empregabilidade das persoas participantes e colaborar coas entidades locais na integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego.

O Goberno galego vén de reforzar a súa aposta polos colectivos prioritarios e está a desenvolver este 2022 tres actuacións específicas para eles por unha contía próxima aos 130 millóns de euros: o plan Emprega Muller, o Emprega Xuventude e o Emprega Discapacidade-Exclusión Social. Neste último enmárcanse as axudas para que as entidades locais contraten a persoas perceptoras do Risga.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here