IniciosociedadeXXVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra cun panel de cata internacional

XXVI Cata dos Viños da Ribeira Sacra cun panel de cata internacional

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio, a Precata e Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Para esta edición presentáronse, a falta de comprobar a adaptación ás bases, un total de 84 viños pertencentes a 32 adegas: 27 viños tintos, 16 viños brancos e 41 doutras anadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As tres categorías do certame son: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas establécense 2 Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleron 3 mostras ao azar de entre o stock das adegas. Este mércores, día 25 de maio, o notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.

Os viños cataranse por series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas,

O panel de cata desta XXVI edición intégrano:

  • Ramón García Bernárdez, Representante Asociación Galega de Enólogos
  • Mercedes González Rodríguez, Representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
  • Miguel Ángel Martín, Fundador portal Enocata.com. Colaborador en publicacións especializadas e programas de Radio. Xurado en concursos nacionais e internacionais. Vicepresidente da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV).
  • Jorge Luis Mazaira Pérez, Director Técnico CRDO Valdeorras.
  • Antonio Manuel Magallhaes, Integrante do Panel de Cata da Denominación de Orixe da Rexión Demarcada do Douro. (Viño de Douro y Porto)
  • Alberto Levi, Asociación Italiana de Sumilleres
  • José María Martínez Alonso, Integrante do Comité de Partes do Consello Regulador.
  • Mª Eugenia Medina González, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Maira Ratón Fernández, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Juan Ángel Fernández Martínez, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Rosa Domínguez Domínguez, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • María Isabel Mijares y García de Pelayo, Fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores; vicepresidenta da Federación Internacional de Periodistas y Escritores de Vino e integrante da Real Academia Española de Gastronomía; coordinadora e directora da Guía Repsol dos Viños de España; fundadora e directora de Equipo Team S.L.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...