IniciosociedadeMellora a seguridade en Chantada e aumentan as denuncias por violencia de...

Mellora a seguridade en Chantada e aumentan as denuncias por violencia de xénero

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, participou na reunión da Xunta Local de Seguridade de Chantada para organizar os dispositivos que velarán pola seguridade da Feira do Viño que comeza este venres e da Subida a Chantada de finais de xullo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xuntanza, que contou coa participación do tenente de alcalde Manuel Diéguez, responsables de seguridade do Concello, mandos da Garda Civil e o Subsector de Tráfico, da Policía Local, a Policía Autonómica e Protección Civil, tamén tomaron parte representantes da Escudería Chantada que deron conta das previsións da proba automobilística. A Xunta Local examinou tanto as previsións da organización dos distintos eventos como os lugares que poden resultar máis conflitivos pola posible aglomeración de persoas e vehículos, así como os reforzos que deben establecer os distintos corpos de seguridade e de emerxencia para previr incidencias con motivo da celebración destas actividades festivas e deportivas.

Seguridade en Chantada

A Xunta Local de Seguridade examinou, ademais, a situación da seguridade cidadá neste concello e a marcha dos plans operativos que desenvolve a Secretaría de Estado de Seguridade. A subdelegada informou da favorable evolución da seguridade en Chantada, concello que ten taxas inferiores á media en criminalidade e no último ano rexistrou unha diminución na cifra de delitos respecto aos que se producían antes da pandemia, ao tempo que aumentou a eficacia policial na resolución de feitos delictivos.

Chantada tivo en 2021 unha taxa de 19,79 infraccións penais por mil habitantes, o que supón 5 puntos menos que a media provincial (24,6‰), e sitúase moi por debaixo da media de Galicia (32,7‰) e de España (41,3‰). Segundo as estatísticas da Garda Civil, en 2021 rexistráronse 161 infraccións penais no municipio. Delas, 68 foron delitos graves ou menos graves e 93 delitos leves. Esta cifra supón que a delincuencia mantense en cifras inferiores ás anteriores á pandemia. No caso dos delitos graves e menos graves, pasouse de 74 no ano 2019 a 68 no último exercicio, o que representa unha caída do -8,11%. En canto aos leves, pasaron de 108 no ano 2019 a 93 no ano 2021, o que supón un descenso do -13,89%. 

A subdelegada incidiu, por outra parte, na evolución da violencia de xénero e advertiu que, neste caso, “temos que lamentar un aumento no número de denuncias rexistradas no municipio”. Mentres no ano 2020 producíronse 6 denuncias, en 2021 a cifra aumentou a 8 e nos meses que levamos deste ano xa son 6.

ÚLTIMAS

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...