CCOO do Hábitat de Galicia impugna os pregos do SAF de Monforte

A elaboración da oferta económica sen contemplar as revisións salariais que establece o convenio, cun incremento do 6,5% para este ano, obriga a aplicar medidas cautelares e suspender o expediente de contratación do servizo do fogar no concello de Monforte.

Concentración SAF pleno Monforte / Onda Cero Monforte facebook

CCOO do Hábitat de Galicia interpón recurso administrativo ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública contra o concello de Monforte. O motivo, a elaboración dos pregos administrativos para o Servizo de Axuda no Fogar, onde non reflicten as actualizacións dos salarios para 2022. “Ten que darse un incremento do 6,5% grazas á sentenza gañada por CCOO ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no 2013, polo que case 10.000 traballadores do servizo de axuda no fogar de Galicia favorecéronse dun incremento total do 16,8% desde o 2012”, sinalan.

Luis Rodas, secretario de Acción Sindical de CCOO do Hábitat de Galicia, considera “intolerable o que está a acontecer na Administación Local coa elaboración dos pregos e as novas licitacións, ó non contemplar os custos reais da plantilla e subrogar acorde coa aplicación do vixente convenio de axuda no fogar que establece unha cláusula de revisión salarial que garantiza unha suba para este ano do 6,5%.”

A rebaixa salarial xustifica, segundo Luis Rodas, a solicitude e aplicación de medidas cautelares no expediente de contratación elaborado polo concello de Monforte. Así CCOO agarda que o órgano correspondente resolva o recurso aplicando as medidas necesarias para corrixir as infraccións de procedemento ou impedir que se cause outros perxuizos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here