A AGACAL organiza en Monforte un curso de manipulación de fitosanitarios

A actividade desenvolverase no Centro de formación e experimentación agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos, entre o 14 e o 30 de xuño e terá unha duración total de 35 horas, 27 delas en liña e as 8 restantes de xeito presencial.

Monforte de Lemos / XdL

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos de índole hixiénica, sanitaria, normativa e laboral. Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así coma ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende contribuír á formación axeitada dos usuarios e operadores de fitosanitarios para que acaden o nivel adecuado para cumprir coa normativa vixente e saiban usar estes produtos de xeito sostible, eficiente e seguro. A modalidade semipresencial do curso ten como obxectivo que os alumnos poidan compaxinalo coa súa vida laboral mediante a formación na rede á vez que gozan tamén dunha formación presencial que lles permita practicar e observar o aprendido in situ.

Neste enlace pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here