IniciosociedadePrepárase a Federación das asociacións da Ribeira Sacra

Prepárase a Federación das asociacións da Ribeira Sacra

Este sábado día 11, ás 11h da mañá no castelo de Castro Caldelas, está convocado un novo encontro aberto de asociacións veciñais, culturais e comunidades de montes da Ribeira Sacra. Desta vez o punto central será debater a creación da Federación de Asociacións e Entidades Cívicas da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta convocatoria presentaranse os documentos preparados pola mesa de traballo creada na anterior asemblea celebrada en Tuiriz. Os principios comúns, os estatutos da federación e a escolla da directiva serán os temas centrais que se abordarán en Castro Caldelas. Posteriormente serán marcadas as primeiras liñas de actuación que a Federación proporá desenvolver neste mesmo ano.

Os impulsores destes encontros volven facer un chamamento público para animar á participación do tecido asociativo da zona, tanto das provincias de Lugo coma de Ourense. Ata o momento a recepción está sendo moi positiva porque se continúan a recibir adhesións e solicitudes de información. Os organizadores cren que moitas asociacións iranse unindo na medida en que a Federación comece a funcionar e a organización sexa máis coñecida a nivel público.

Por último, reiteran a importancia de reunir a maior cantidade de asociacións para que a Federación sexa o máis representativa posible, que conte cun amplo apoio social para chamar a atención das administracións aos temas que consideran prioritarios: coidado do patrimonio (in)material, participación nos espazos de debate (Rede Natura, Reserva Biosfera ou redacción da candidatura á UNESCO), charlas informativas sobre o impacto da lexislación no territorio, apoio a iniciativas veciñais… Aquelas asociacións que quixeren contactar cos organizadores pode facelo a través do enderezo electrónico de vilachasalvadur@gmail.com.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...