Iniciosociedade1.500.000€ de orzamento para o Consorcio de Turismo que inicia o servizo...

1.500.000€ de orzamento para o Consorcio de Turismo que inicia o servizo de lanzadeiras

O Consorcio de Turismo vén de aprobar en pleno e por unanimidade o orzamento do exercicio 2022 por importe de 1.500.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do orzamento que aprobou o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, máis dun millón de euros correspóndense con proxectos do Plan de Sostibilidade Turística.

Na mesma sesión plenaria, celebrada no Concello da Peroxa, procedeuse coa elección de novo Vicepresidente logo de que J. César Parente Pérez deixase a alcaldía de Nogueira de Ramuín. Foi elixido por unanimidade no posto o seu sucesor na alcaldía do concello ourensán, Julio Carlos Temes Pereira.

E este venres, 1 de xullo, comezou a funcionar o servizo turístico de microbús lanzadeira, que conecta Escairón coa Praia da Cova ata o 12 de setembro. Pode accederse ás Reservas neste enlade. Tamén bota a andar novamente o servizo público para o acceso ao Mosteiro de Santa Cristina ata o 18 de setembro.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...