IniciosociedadeAs Festas Patronais de Monforte xa contan con cartel anunciador

As Festas Patronais de Monforte xa contan con cartel anunciador

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo público o cartel gañador das vindeiras Festas Patronais da cidade. Os festexos terán lugar do 10 ó 16 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

“Por fin, despois de dous longos anos, en 2022 Monforte volverá a celebrar as súas Festas Patronais, dando un paso definitivo cara á normalidade que todos desexamos, tal como dixen, neste ano imos organizar todos os eventos con normalidade” dixo o Alcalde na presentación do cartel anunciador deste 2022.

No acto, o rexedor monfortino estivo acompañado polo autor gañador. Trátase de César Núñez Álvarez, procedente do concello leonés de Astorga e gañador do concurso deste ano coa obra “Identidade”, recoñecemento que ademais leva aparellado un premio en metálico de 1.000 euros. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón.

18 OBRAS A CONCURSO

Un total de 18 traballos artísticos foron os que chegaron ao concurso deste ano. Moitos deles feitos por veciñas e veciños de Monforte pero tamén doutras localidades galegas como A Rúa, Lalín, Nigrán ou Vigo (2), e de fóra de Galicia como, por exemplo, Barcelona (1), Madrid (1), Xixón (1), Murcia (1), ademais do de Astorga, que finalmente foi o seleccionado.

Todos os carteis que se presentaron a concurso, as 18 obras, serán expostos do 18 de xullo ó 16 de agosto na casa da Cultura de Monforte. Unha vez remate dita exposición, os autores non premiados poderán retirar os seus carteis se así o desexan.

CARTEL GAÑADOR: “TRADICIÓN E MODERNIDADE”

O xurado que fallou o concurso estivo constituído por representantes de diferentes empresas creativas de Monforte, así como a Concelleira de Cultura, Marina Doutón.

“É un deseño no que predomina a estética tradicional e no que predomina un ton de cor marrón, como simulando unha fotografía ou gravado antigos, e que recolle os principais elementos que protagonizan as nosas festas: a Virxe de Montserrat, a ponte medieval e o río, así como os gaiteiros, pandereteiras e grupos de baile, que forman parte da nosa tradición festiva”, dixo Tomé describindo a obra gráfica gañadora.

Abondando nos matices do cartel, o rexedor monfortino dixo que “tamén inclúe elementos de cor en tons vermellos e violetas que contrastan co marrón, e que se corresponden cos fogos de San Vicente, e co foguete que se ubica á esquerda da figura central do cartel, que é unha gaiteira. Polo tanto, o cartel aúna a tradición con elementos de modernidade, a través dos xogos de cores, e configúrase coma un cartel cheo de dinamismo, a través do movemento das figuras do baile, un dinamismo que evoca a vitalidade das nosas festas”.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...