IniciosociedadeRehabilítanse casas de mestres para familias con baixos recursos en Sober

Rehabilítanse casas de mestres para familias con baixos recursos en Sober

A Xunta destina 260.000 euros á rehabilitación de 7 antigas casas de mestres, entre as que se atopan 3 vivendas no concello de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Na provincia de Lugo concedéronse subvencións para todos os proxectos que se presentaron, segundo informan desde a delegación territorial. As axudas da Consellería poden alcanzar a cubrir ata o 90 por cento do orzamento, en función do tipo de actuacións que se acometan.

Este programa destínase a concellos de menos de 20.000 habitantes co obxectivo de dar facilidades de acceso á vivenda ás familias con menos recursos e potenciar os territorios e o desenvolvemento do rural, xa que a rehabilitación é máis sostible que a construción de vivenda nova e xera máis emprego por euro investido, tal e como apuntan desde a delegación territorial da Xunta en Lugo.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...