IniciosociedadeAnte a ameaza de peche da única oficina bancaria en San Clodio,...

Ante a ameaza de peche da única oficina bancaria en San Clodio, o pleno protesta pola falta de servizos

O alcalde de Ribas de Sil, Miguel Sotuela, convocaba pleno para pechar a semana no que se deixou de manifesto o malestar da corporación tanto coas administración públicas como con diferentes empresas privadas que prestan servizos no concello. O alcalde informaba previamente de que se lle viña de comunicar a renuncia do axente do Banco Santander a continuar no seu posto de traballo e a decisión posterior do Banco de pechar a única entidade financieira que está a operar en San Clodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello consideran que a oficina permanecerá pechada durante todo o mes de agosto e anuncian que tentarán dar cunha solución, “sendo conscientes da pouca colaboración que se vai ter por parte da entidade bancaria que heredou unha oficina (Banco Pastor e despois Banco Popular) que durante moitos anos se lucrou da actividade económica dos nosos veciños”. E engaden que o problema verase agravado porque tamén desaparecerá o único caixeiro que opera no concello ao estar vinculado á entidade bancaria.

O pleno tomou a decisión por unanimidade de que no caso de que este peche sexa definitivo se dará orde de reducir á mínima expresión todas as operacións financieiras co Banco Santander, así como cancelar tódolos depósitos coa entidade, que rondan os 400.000 euros.

Tamén se tomou acordo plenario para elevar unha queixa ó Defensor do Pobo, dado o carácter social destes servizos. “O peche da axencia fará que os nosos veciños, cunha poboación moi avellentada, se teñan que desplazar a outro concello para facer as súas xestións financieiras”, sinalan.

O pleno tratou con carácter de urxencia o escrito de protesta que presentaron os representantes da ANPA do CEIP de San Clodio ante a delegación provincial da Consellería de Educación. “Os pais e nais dos nenos do colexio de San Clodio veñen de enterarse de que se vai suprimir un profesor. Isto ten como consecuencia o agrupamento de catro cursos nunha soa aula, facendo inviable a actividade docente.” O pleno da corporación apoia unánimemente o escrito e ofrece á ANPA tódolos medios locais que precisen.

O tema central do pleno foi a constante sangría de perda de servizos públicos e privados: a perda de trens e o peche da estación de Renfe, liñas de autobús, deficiente servizo de cobertura telefónica, escasa protección do monte e prevención de incendios , etc… “Estas perdas de servizos súmanse ás que estamos sufrindo no medio rural en xeral e en Ribas de Sil en particular. Por un lado pelexamos por desenvolver o territorio con fondos europeos creando postos de traballo, ou loitanto por potenciar o Xeoparque, mellorando servizos para os veciños; e por outro lado nos atopamos con atrancos tan importantes que fan moi difícil sobrevivir aquí e loitar contra a despoboación. Así non se pode,” conclúe o alcalde.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...