Aumenta o paro en xullo na zona sur e diminúe en Monforte

A Secretaria de Acción Sindical de CCOO Lugo valora negativamente o aumento do paro nas comarcas de Lugo centro sur en 64 persoas, volvendo subir á cifra de 3.005 parados.

Oficina do INEM de Monforte / XdL

Na comarca de Lemos o número de persoas paradas é 1.353, sumando 3 persoas paradas, por concellos os datos son os seguintes:

  • Bóveda 45 (+7)
  • Monforte 961 (-14)
  • Pantón 86 (+2)
  • A Pobra do Brollón 60 (+4)
  • O Saviñao (127 =)
  • Sober 74 (+1)

Na comarca de Quiroga tamén aumentou en 3 o número de parados; 237 (+3):

  • Folgoso do Courel 40 (+ 4)
  • Quiroga 156 (-2)
  • Ribas de Sil 41 (+1)

Na comarca de Chantada aumentou o paro en 26 persoas, 528 (+26):

  • Carballedo 72 (+16)
  • Chantada 366 (+5)
  • Taboada 90 (+5)

Na comarca de Sarria o paro aumentou en 32 persoas, 887 (+32):

  • O Incio 47 (+4)
  • Láncara 86 (+2)
  • Paradela 16 (-4)
  • O Páramo 38 (+11)
  • Samos 32 (=)
  • Sarria 651 (+17)
  • Triacastela 19 (+2 )

Desde CCOO destacan os datos da cidade do Cabe por ter o mellor comportamento ao diminuír o paro en 14 persoas e na parte negativa os concellos de Carballedo e Sarria aumentou en 16 e 17 respectivamente.

Desde o sindicato lamentan “que siga habendo algunhas ovellas negras no sector servizos xa que non é de recibo nun caso despedir a unha traballadora embarazada e a unha traballadora de axuda a domicilio, sen a indemnización correspondente. Desde os Servizos Xurídicos do sindicato presentamos demanda no Xulgado do Social con denuncia previa na Inspección de Traballo. Tamén denunciamos ante a Inspección de Traballo varios casos flagrantes de traballadores agrarios en concellos de terras de Lemos, dalgúns propietarios de explotaciónes agrogandeiras, que obrigan aos seus empregados para traballar xornadas maratonianas e con salarios de explotación laboral inferiores ao SMI”, conclúe o sindicato.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here