IniciosociedadeA CIG Saúde insiste no "caos da atención primaria" no sur de...

A CIG Saúde insiste no “caos da atención primaria” no sur de Lugo

"A Xerencia de Lugo, A Mariña e Monforte segue sen cubrir as ausencias dos profesionais sanitarios/as na Atención Primaria que collen os permisos provocando sobrecarga de traballo nos compañeiros/as que quedan. Pero o que acontece no Centro de Saúde de Monforte e Pantón é gravísimo", aseguran desde a CIG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A finais  de xuño deste ano a CIG-Saúde Monforte denunciaba a situación caótica na que se atopaba a Atención Primaria no Sur de Lugo. Máis dun mes despois aseguran que a cousa no canto de mellorar, empeorou.

Aseguran que no centro de saúde de Monforte había 5 médicos/as e un de reforzo polas mañás dos 12 facultativos/as que ten esta Unidade de Atención Primaria. “Dous destes médicos, están xubilados dende hai tempo e non os cubriron. As médicas de tarde xa non pasan consulta nesta quenda e foron pasadas para a mañás para aliviar a situación de presión asistencial que había. Polas tardes hai dous e ás veces tres médicos/as que fan prolongacións de xornada dos facultativos/as ausentes”, sinalan.

O Centro de Saúde de Monforte ten un cupo duns 16.000 pacientes maiores de 14 anos e uns 3000 cativos/as de 0 a 14 anos. Nestas datas na localidade pode haber máis de 30.000 persoas na cidade de Lemos. “Os médicos/as do Centro teñen unha media de 70 pacientes diarios e os días que teñen prolongación de xornada poden superar aos 100, algo insasumible se se quere dar unha atención sanitaria de calidade”, asegura o sindicato.

Segundo a CIG, a pesar da Instrución do Sergas que regula o exercicio do dereito á libre elección de médico dos pacientes, “a Xerencia non notificou a ningún paciente do cambio de médico/a de oficio co conseguinte enfado cando se enteran xa que non poden cambiar de médico/a  ata dentro de seis meses, vulnerando deste xeito o seu dereito á libre elección de médico/a. ¿Qué están facendo os pacientes? Solicitando unha cita urxente no Servizo Administrativo ou marchan para Urxencias do Hospital ou ao PAC de Monforte, coa sobrecarga de traballo que iso supón para estes Servizos que xa están desbordados pola gran poboación que está a soportar o Distrito de Monforte.”

A CIG Saúde asegura que o centro de saúde de Pantón tamén está en sitación caótica, “con dous médicos para máis de 2.200 paciente máis os desprazados do verán. Na segunda quincena de xullo e na primeira quincena de agosto mandaron sustituto polos facultativos ausentes pero na semana do 16 ao 19 de agosto vai quedar un médico só no Centro.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...