IniciosociedadeDo 5 ao 13 de setembro, formación universitaria para maiores de 50...

Do 5 ao 13 de setembro, formación universitaria para maiores de 50 en Monforte

O programa leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento” e está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, para que non é necesario posuír ningunha formación previa específica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 10 de agosto, ábrese o prazo de inscrición para anotarse nunha nova edición do programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo que a entidade monfortina estableceu coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), por terceiro ano consecutivo. O prazo para inscribirse está aberto ata o 26 de agosto na Biblioteca Municipal.

O Alcalde, José Tomé Roca, salienta que “así garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos. Polo tanto, entendemos que a través deste proxecto favoreceremos o achegamento do coñecemento á poboación maior do noso Concello, o que incidirá na mellora da súa calidade de vida e a súa participación social real nos ámbitos rural e urbano”.

PROGRAMA “Camiños de coñecemento e experiencia 2022” en Monforte

Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) entre o 5 e o 13 de setembro de 2022.

  • Seminario: “A Herdanza en Galicia”. 05/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Xaime Requeixo Souto, Doutor en Dereito Civil. Profesor do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
  • Seminario: “Dando luz ao románico… Escoitando o falar das imaxes petrificadas”. 06/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval pola USC. Profesora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.
  • Visita a Santo Estevo de Ribas de Miño e San Paio de Diomondi (Saviñao). 07/09/2022 17:30-19:00 h. Dirixida por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval.
  • Sesión práctica: “A herdanza en Galicia”. 09/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Xaime Requeixo Souto, Doutor en Dereito Civil.
  • Seminario: “Alimentación saudable para toda a familia. 12/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Laura Sanjulián Fernández, Graduada en Nutrición Humana e Dietética. Profesora do Programa Universitario para Maiores, IV Ciclo da USC.
  • Sesión práctica: “Deseño dun menú saudable. 13/09/2022 17:30-19:00 h. Impartido por Laura Sanjulián Fernández, Graduada en Nutrición Humana e Dietética.

Obxectivos

O obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos nos concellos que se suman a este proxecto. Para elo, desenvólvense accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos:

  • Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio.
  • Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
  • Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
  • Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
  • Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

Metodoloxía

A metodoloxía é de corte participativa e aberta, na que os docentes universitarios desenvolveran varias sesións de docencia: teóricas unhas (de conferencia/seminario onde se pretende favorecer o dialogo e participación dos asistentes) e outras prácticas (con actividades de visita guiada, obradoiro,…) sendo unhas de corte máis humanístico, outras máis científicas e outras artísticas.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...