IniciosociedadeQue se decidiu na xuntanza entre o concello de Monforte e a...

Que se decidiu na xuntanza entre o concello de Monforte e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil?

O alcalde de Monforte, José Tomé, mantivo unha xuntanza co Presidente da Confederación Hidrogáfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, para abordar entre outros asuntos, a mellora e ampliación da depuradora de Piñeira, a mellora do saneamento ou a situación da présa da Pinguela.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Monforte quere facer obras na depuradora de Piñeira para mellorar a calidade da augas depuradas que volven ó río Cabe e teñan a calidade de depuración suficiente para non contaminar o cauce fluvial. Con respecto á mellora da rede de saneamento, cuxo proxecto está en proceso de redacción, abordáronse as posibilidades de estendelo a outras actuacións que melloren o servizo. En canto á présa da Pinguela, solitouse  o acondicionamento da zona da lagoa.

O alcalde de Monforte solicitou o cambio de ubicación do aliviadoiro do colector da rúa Cardenal, que verte á altura do Parque dos Condes para cambiar a saída dos residuos cando se produce chuvias abundantes. José Tomé tamén lle trasladou a José Antonio Quiroga o interese por desbrozar as marxes dos regatos que discorren polo casco urbano da cidade de Monforte.

O Presidente da Confederación comprometeuse a ir atendendo as demandas na medida das posibilidades co obxectivo de prestar un mellor servizo ás persoas e solucionar os problemas medioambientais existentes históricamente e con elo mellorar a calidade das augas.

Tamén acordaron dirixirse á Consellería de Medio Ambiente, para que faga efectivo o seu compromiso de participar no convenio xa asinado entre a Deputación de Lugo, a Confederación Hidrográfica e o Concello, por importe de 1.400.000 euros e no que finalmente a Consellería non participou.

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...