266.000 euros da Deputación para mellorar dúas estradas

Acondicionarase a estrada LU-P-5804, de Rebondiego a Morgade, e a LU-P-5801, que une Fión coa Igrexa de Cova,  dúas vías que rexistran un elevado volume de tráfico.

Visita no Saviñao / Deputación Provincial

A estrada LU-P-5804 é un camiño moi transitado, xa que conecta con Escairón e é unha vía que utilizan a diario os traballadores das numerosas explotacións agrarias que se concentran na zona. As obras contan cun investimento de 220.000 euros, que permitirán acondicionar o tramo que vai  do punto quilométrico 3,9 ao 10,9.

Pola súa parte, a LU-P-5801 dá servizo a unha zona turística, na que se atopan a praia fluvial da Cova e viñedos da Ribeira Sacra. Neste caso, arranxaranse preto de 3 quilómetros, comprendidos entre o punto quilométrico 0 e o 2,9, cun investimento de 46.000 euros.

As obras consisten na mellora do firme con aglomerado quente, o acondicionamento das cunetas, o pintado integral e a instalación de sinalización horizontal e vertical.

 Por outra banda, o Executivo da Deputación mellorará con 350.000 euros a estrada LU-P-4102, que vai de Ferreira a Currelos, trátase dunha estrada que vertebra o norte e o sur do Concello, e conta con moito tránsito pois dá acceso a todos os servizos que hai no municipio. Con este investimento, renovaranse preto de 8 quilómetros, comprendidos entre os puntos 14 e 22, é dicir, a Deputación terminará o arranxo integral da vía.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here