Morre Monserrat Caballé

A soprano faleceu no Hospital Sant Pau de Barcelona, onde se atopaba ingresada dende setembro

Monserrat Caballé/ElPeriódico.com

A soprano Monserrat Caballé faleceu na madrugada do sábado 6 de outubro aos 85 anos de idade no hospital San Pau de Barcelona onde estaba ingresada dende o pasado mes de setembro por un problema de vesícula.

Foi unha cantante a altura de grandes mitos como o de María Callas ou renata Tebaldi, de gran humanidade e con sentimentos a flor de pel.

Nada o 12 de abril de 1933 en Barcelona nunha familia modesta, aos 11 anos ingresou no Conservatorio Superior de Música do Liceo e tras anos de formación e esforzo, a partires do 1965 o seu talento musical espallouse aos teatros de todo o mundo.

Durante os 50 anos que se adicou á música, intrepretou centos de óperas e concertos nos principais teatros do mundo. Sempre acompañada polas mellores orquestas e repartos e cun repertorio que abrangue preto de 90 papeis.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here