Humanización dos espazos ferroviarios de Láncara, Sarria, O Páramo e O Corgo

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro López, plantexaron á Directora de Adif, Isabel Pardo de Vera, a humanización dos espazos ferroviarios pechados tras a entrada en servizo do novo trazado. Reclaman manter a propiedade e uso públicos.

Reunión Adif / PSOE de Lugo

Adif comprométese a humanizar o espazo de máis dun quilómetro na Pobra de San Xiao mediante un proxecto que permita a mellora de accesos á antiga estación de ferrocarril. A xestión do alcalde de Láncara acadou, ademais, a garantía de que os terreos do antigo trazado ao seu paso polo Concello de Láncara e o edificio da antiga estación na Pobra de San Xillao manteñan a titularidade e uso públicos. Adif comprometeuse co Alcalde a non deixar que este entorno caia en mans privadas.

Ademais desta xuntanza con Adif, os socialistas celebrarán unha nova reunión en Láncara cos 4 Concellos afectados pola posta en servizo do novo trazado (Láncara, Sarria, O Páramo e O Corgo), co obxecto e analizar a posibilidade dun proxecto de recuperación da Senda Verde. O obxectivo é poñer en valor os case 8 quilómetros do antigo trazado, humanizándoo, mantendo a súa propiedade pública e dándolle uso público.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here