O BNG propón que o segundo tramo da rolda urbana de Monforte se chame 8 de marzo

O BNG de Monforte presenta ao pleno que se celebrará o luns, día 29 de outubro, unha moción para darlle ao segundo tramo da rolda urbana, o nome de 8 de marzo.

Segundo tramo da rolda urbana

O Día Internacional Da Muller, 8 de marzo, foi o nome escollido polo grupo municipal do BNG para bautizar o segundo tramo da rolda urbana de Monforte. Un feito co que queren homenaxear a todas as mulleres.

Os nacionalistas instarán ao Equipo de Goberno a que de aquí á vindeira data de exaltación da Muller, no 2019, este faga as xestión oportunas para poder levar a cabo un acto de inauguración, de xeito símbolico, do citado tramo.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here