koñazo Fest

Baixo este titular atópase unha orixinal xornada ao redor da muller que terá lugar este sábado 27 na aldea de Vilamor do Courel.

Carmen Conde. Foto: Eva Oz

O Courel sempre sorprende, pola súa paisaxe por suposto, pero tamén pola enerxía creativa e as actividades culturais que se se desenvolven naquela contorna.

Unha delas será mañá e terá lugar na fermosa aldea de Vilamor. Baixo o título de “Koñazo Fest” o colectivo “As Mullerengas” e “Doña Cona” organizan unha xornada en clave feminista cun variado programa de actividades.

Ás 11:00 h. haberá un obradoiro con barro que consistirá na elaboración representativa do Udu africano (instrumento de orixe feminino) e ás 12:00 h. un “empoderamento feminista ao son do tambor”.

Para as 14:00 h. está programado un xantar e chocolatada, ás 18:00 h. unha sesión de serigrafía dende perspectiva feminista e ás 17:30 h. un monólogo a cargo da narradora Carmen CondeGaute baixo o título de “A virxe maila puta”.

O remate deste evento en clave feminina será ao anoitecer coa celebración dun magosto con acompañamento musical na enxebre cantina coñecida como Cova da Moura.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here