IniciosociedadePropostas para gozar do outono na Ribeira Sacra

Propostas para gozar do outono na Ribeira Sacra

Dentro destas xornadas de actividades inclúese o avistamento de aves, a micoloxía, as rutas fotográficas, paseos en kaiak, visitas teatralizadas, etc

Publicado o

- Advertisement -

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza do 1 ao 11 de novembro un programa de actividades relacionadas co outono.

O día 1 de novembro das 11:00 ás 15:00 horas ruta en coche polos viñedos de  Belesar, combinada con tramos a pé para o avistamento de aves e picnic ao estilo tradicional.

O día 2 de novembro visita teatralizada no Mosteiro de Santa María de Montederramo das 17:00 ás 19:00 horas cun pequeno magosto ao rematar.

O 3 de novembro das 11:00 ás 15:00 horas ruta en coche polos viñedos de Belesar combinada con tramos a pé para asesoramento fotográfico e picnic ao estilo tradicional. Outono a vista de río I: Viñedos do Sil Ruta guiada en kaiak polo Sil (2 horas de duración e apta para principiantes) 16:00 h -19:00 h Punto de encontro: Embarcadoiro da Abeleda (Castro Caldelas).

O 4 de novembro ás 9:30 horas impartirase un taller de formación sobre cogomelos, seguido dunha comida degustación con cogomelos de Ribeira Sacra e a saída ao campo para recollelos cun guía especializado, rematando a xornada as 19:00 horas.

O día 10 de novembro de 11:00 a 14:00 horas con saída do embarcadoiro da Abeleda (Castro Caldelas) ruta guiada en kaiak polo Sil (2 horas de duración e apta para principiantes).

O día 11 de novembro de 9:30 a 19:00 horas no albergue de Quiroga taller de formación sobre cogomelos cun micólogo, comida degustación con cogomelos de Ribeira Sacra e saída ao campo para recollelos con guía especializado e taller de clasificación.

Información e reservas a través do correo turismo@ribeirasacra.org ou no teléfono 638 823 592

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...