O venres 9 de novembro Xornada Micolóxica en Sober

O programa inclúe unha charla-coloquio, unha saída ao campo e a identificación e degustación de cogomelos.

Cogumelos/XdL

Este venres día 9 de novembro celébrase en Sober unha Xornada Micolóxica a cargo da Asociación Micolóxica Pingadouro coa que colabora o concello soberino. O programa da xornada, que dirixen Enrique Vera Arconada e Ramón Losada da Asociación Micolóxica de Madrid, inclúe unha charla-coloquio, unha saída ao campo e a identificación e degustación de cogomelos.

A xornada comezará ás 10:00 horas cunha saída ao campo. Pola tarde, ás 17:00 horas levarase a cabo unha identificación das setas máis frecuentes no Centro Sociocultural e montarase a exposición. Ás 19:00 horas haberá unha charla-coloquio e acto seguido, ás 20:30 horas, unha degustación de cogomelos que poñerá fin á xornada.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here