Nova sinalización dos puntos de interese de Monforte

Realizáronse melloras na sinalización dos Escolapios, do Museo de Arte Sacro, da Estación de RENFE, do Casco Histórico, do Burgo Medieval, da Oficina Turismo e do Hospital.

Nova sinalización na praza da estación/ Concello de Monforte

A nova sinalización que se acaba de instalar nas rúas de Monforte vai permitir que os cidadáns e os condutores poidan chegar con maior facilidade ao Miradoiro do Duque e ao Museo do Ferrocarril de Galicia. Esta iniciativa pretende poñer en valor os recursos turísticos da zona.

O proxecto contempla melloras para poder chegar a outros puntos de interese da cidade, como é o caso do Colexio dos Escolapios, o Museo de Arte Sacro, a estación de RENFE, o Casco Histórico, o Burgo Medieval, a Oficina de Información de Turismo e o Hospital.

Ademais vanse renovar 3 puntos informativos situados na Avenida de Galicia, na rúa Cardenal e na rúa Doctor Casares: haberá 2 bandexas indicando o Casco Histórico e o Burgo Medieval e na rúa Doutor Casares tamén a do Hospital comarcal.

O investimento destinado a este proxecto de sinalización ascende a 14.000 euros. Desa cantidade, a Xunta de Galicia aporta o 65%; mentres que as arcas municipais destinan o 35% restante

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here