4 núcleos rurais de O Incio moito máis accesibles e seguros.

Os traballos de mellora realizáronse na parroquia de Santa María do Mao, de Outeiro, na de Hospital do Incio, de Vilansante, na de Vilasante, e de Viloira, na de Santalla de Bardaos.

A alcaldesa de O Incio xunto co Presidente da Deputación nun dos accesos/ Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación e a alcaldesa de O Incio, supervisaron os traballos de mellora que se realizaron en 4 núcleos rurais deste concello

As actuacións consistiron na ampliación dos accesos e rehabilitación do firme con rego asfáltico, benefician no seu conxunto a uns 50 veciños que viven nos núcleos de Teimoi, na parroquia de Santa María do Mao, de Outeiro, na de Hospital do Incio, de Vilansante, na de Vilasante, e de Viloira, na de Santalla de Bardaos.

Nas zonas de Teimoi e Viloira, realizáronse traballos de ampliación das vías para garantirlles o servizo de recollida de lixo pois a estreiteza delas impedía que pasase o camión. Dende o concello e a a deputación queren agradecerlle aos veciños de ambos os dous núcleos a súa colaboración xa que cederon parte dos seus terreos para executar estes traballos. En Outeiro e Vilasante as melloras consistiron na adecuación do firme destas pistas para pavimentalas, e así facelas máis limpas e seguras.

O investimiento foi de 40.000 euros

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here