IniciosociedadeA pasarela do barrio das Cruces de Monforte xa volve estar operativa

A pasarela do barrio das Cruces de Monforte xa volve estar operativa

A actuación incluíu, unha revisión da infraestrutura, a dotación dun novo firme , a reparación das varandas, a eliminación do óxido e o pintado.

Publicado o

- Advertisement -

Os peóns xa poden circular novamente a través da pasarela que une o barrio das Cruces coa rúa Calvo Sotelo. Tal e como estaba previsto, as obras de mellora desta infraestrutura prolongáronse durante un mes.

As obras estiveron a cargo do ADIF e consistiron nunha detallada revisión da estrutura, na dotación dun novo firme, na reparación das varandas, na eliminación do óxido e no pintado das mesmas.

O seguinte paso a realizar dende o concello é o arranxo dos accesos á pasarela, unha actuación que se vai acometer no 2019. Con estas melloras quérese conseguir unha comunicación máis fácil entre o barrio das Cruces e a rúa Calvo Sotelo.

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...