Iniciosociedade23 empregos para os titulados recentemente en FP ou grao

23 empregos para os titulados recentemente en FP ou grao

O novo programa de emprego “Primeira Oportunidade” da Deputación de Lugo, ofrece unha saída laboral ás persoas que se formaron nas titulacións de FP e Grao en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo ofrece un total de 23 empregos aos recentemente titulados en FP e grao impartidos na provincia de Lugo e que non conten con experiencia laboral. Son contratos en prácticas para traballar no propio organismo provincial durante un máximo de 2 anos.

Os requisitos para participar neste proceso de selección pública son; no caso de ter máis de 30 anos, ter rematados os estudos de FP ou Grao nos últimos 5 anos (non antes de 2013) dos perfís que se ofertan e non ter experiencia laboral sobre estas profesións . Os menores de 30 anos só terán que acreditar que non teñen experiencia laboral sobre o emprego ao que optan.

Os interesados poden inscribirse, ata o 3 de decembro, nos procesos de selección pública para os seguintes perfís laborais/empregos:

  • Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web
  • Graduado en administración e dirección de empresas
  • Técnico superior en administración e finanzas
  • Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede
  • Técnico superior en asistencia á dirección
  • Técnico en fotografía
  • Técnico en márketing e publicidade
  • Técnico en deseño gráfico

Este mércores publicaranse no BOP a convocatoria e abriranse as solicitudes para os seguintes perfís/empregos e abriranse as solicitudes.

  • Enxeñeiro topógrafo
  • Ciclo superior de xestión forestal e medio natural
  • Enxeñeiro agrónomo
  • Técnico en electromecánica de vehículos

Máis información chamando ao 982-260-106 ou en www.deputacionlugo.gal.

 

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...